Nunha localidade galega existe un dos carballos máis antigos de Galicia, o
chamado carballo do Santo Antón, tamén denominado carballo de
Vilardefrancos, na vila de San Xurxo de Artes, en Carballo (A Coruña). A
árbore é inmensa, espesa en ramas, atacada por tempadas polo visgo
invasor. O seu tronco, abarca unha gran superficie, tanta que para precisaríanse unhas sete persoas para abrazalo. Na súa parte superior existe un gran oco
orixinado por un raio moito tempo atrás, un raio que incendiou a árbore,
mais conseguiu salvar das chamas grazas aos veciños que acudiran ben
dispostos a salvalo. O raio deixou no carballo un burato de por vida, un burato en
forma de corazón, un oco inmenso moi utilizado polas mozas casadeiras
para solicitar a concesión das súas pretensións amorosas. Un oco cheo de
pequenas pedriñas. Parece toda unha milagre que unha árbore con esa
fonda ferida puidese sobrevivir con tanto esplendor ao longo dos anos. Por
iso, entre outras cousas, inda máis misteriosas, dise que é unha árbore
máxica. Dise que é unha árbore casadeira. Dise, tamén, que nela viven
seres máxicos, pero iso xa é outra historia…

http://www.galaicum.gal/2014/0....7/o-carballo-do-sant

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame