Asociación pola Promoción e Dignificación do Galego


No mes de xaneiro do 2016 constitúese APRODIGA (Asociación pola Promoción e Dignificación do Galego).

.

No mes de xaneiro do 2016 constitúese APRODIGA (Asociación pola Promoción e Dignificación do Galego).

MARCOS SUÁREZ; fundador e creador desta rede social galega; da cal viña sendo, ao mesmo tempo, o seu titular comunica: De agora en diante a titularidade de CAXIGO pasa a pertencer á Asociación APRODIGA, na cal seguirán todos os membros do equipo actual e algunhas outras novas incorporacións. Deste xeito intentamos seguir avanzando coa rede dunha maneira máis profesional, medrando e mellorando en todos os sensos e aspectos.

Incorporamos moitas novidades e funcionalidades que os usuarios nos pedían; así como a posibilidade de colaborar con nós, dun xeito voluntario e/ou altruísta.

Isto fará posíbel a continuidade e mellora da rede. Lembramos que se trata dunha Asociación cultural sen ánimo de lucro e que polo tanto non buscamos nin pretendemos beneficio propio algún. As persoas que lle dedicamos tempo a este sinxelo, pero engaiolante, proxecto facémolo desinteresadamente en beneficio da nosa fala, da nosa cultura e da nosa idiosincrasia como pobo.

Este cambio non afectará, en ningún caso, á continuidade nin ás condicións. Pola contra, axudará a que o vieiro que comezamos a percorrer a finais do ano 2012 se vaia convertendo nunha fermosa e saudábel andaina sen retorno; así coma nunha ferramenta para conquerir un abrente pintado de esperanza sempre limpo de imbéciles e escuros.

37 Puntos de vista