Caxigo innova


Seguimos na procura dun Caxigo mellor.

.

Seguimos na procura dun Caxigo mellor. Como puidestes ver; vimos de darlle unha volta ao deseño e ás funcionalidades da rede e tamén de actualizar a aplicación móbil. Iredes ollando, pouco a pouco, as derradeiras innovacións que incorporamos incluíndo unha experiencia de usuario máis optimizada.

Desexamos que sigades desfrutando desta rede xa que é de todos os galegos e galegas. Disque; os medios téñennos un chisco esquecidos, aínda que a nós dános que debe ser certa envexa de ter unha ferramenta autóctona e propia deste noso País incesante. E todo elo sen obedecer a ningún tipo de censuras, presións, subordinacións ou chantaxes.

41 Puntos de vista