#devoltaImos ver: ninguén me puido ver, nin localizar dado que; canso de tanto bombardeo con tanto clásico futboleiro e con tanto circo mentireiro coas eleccións andaluzas aproveitei para ilharme un chisco e recluírme nun mosteiro, lonxe do mundanal ruído, para facer uns exercicios espirituais que tinha pendentes. Pero, mirade vós por onde, á volta un amigo; moi pavero el; xa me encaminhara un vídeo. O do arco parlamentar andaluz xa non o ponho. É coma sempre; de varias cores.






