Privacidade

Protección de datos de carácter persoal segundo a LOPD

APRODIGA, en aplicación da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, informa que os datos persoais que se recollen a través dos formularios do sitio web www.caxigo.gal inclúense nos ficheiros automatizados específicos de usuarios dos servizos de APRODIGA

A recollida e tratamento automatizado dos datos de carácter persoal ten como finalidade o mantemento da relación comercial e o desempeño de tarefas de información, formación, asesoramento e outras actividades propias de APRODIGA

Estes datos unicamente serán cedidos a aquelas entidades que sexan necesarias co único obxectivo de dar cumprimento á finalidade anteriormente exposta.

APRODIGA adopta as medidas necesarias para garantir a seguridade, integridade e confidencialidade dos datos conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

O usuario poderá en calquera momento exercitar os dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación recoñecidos na citada LOPD. O exercicio destes dereitos pode realizalo o propio usuario a través de email a contacto@aprodiga.org ou na dirección Coto 3, Bamonde, 15886 - Teo (A Coruña).

O usuario manifesta que todos os datos facilitados por el son certos e correctos, e comprométese a mantelos actualizados, comunicando os cambios a APRODIGA

Datos recompilados por usuarios dos servizos

Nos casos en que o usuario inclúa ficheiros con datos de carácter persoal nos servidores de aloxamento compartido, APRODIGA non se fai responsable do incumprimento por parte do usuario da LOPD.

Retención de datos en conformidade á LSSI

APRODIGA informa de que, como prestador de servizo de aloxamento de datos e en virtude do establecido na Lei34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI), retén por un período máximo de 12 meses a información imprescindible para identificar a orixe dos datos aloxados e o momento en que se iniciou a prestación do servizo. A retención destes datos non afecta o segredo das comunicacións e só poderán ser utilizados no marco dunha investigación criminal ou para a salvagarda da seguridade pública, poñéndose a disposición dos xuíces e/ou tribunais ou do Ministerio que así os requira. A comunicación de datos ás Forzas e Corpos do Estado farase en virtude ao disposto na normativa sobre protección de datos persoais.

Dereitos propiedade intelectual www.caxigo.gal

APRODIGA é titular de todos os dereitos de autor, propiedade intelectual, industrial, "know how " e cuantos outros dereitos gardan relación cos contidos do sitio web www.caxigo.gal e os servizos ofertados no mesmo, así como dos programas necesarios para a súa implementación e a información relacionada. Non se permite a reprodución, publicación e/ou uso non estritamente privado dos contidos, totais ou parciais, do sitio web www.caxigo.gal sen o consentimento previo e por escrito.

Propiedade intelectual do software

O usuario debe respectar os programas de terceiros postos á súa disposición por APRODIGA, aínda sendo gratuítos e/ou de disposición pública.

APRODIGA dispón dos dereitos de explotación e propiedade intelectual necesarios do software.

O usuario non adquire dereito algún ou licenza polo servizo contratado, sobre o software necesario para a prestación do servizo, nin tampouco sobre a información técnica de seguimento do servizo, excepción feita dos dereitos e licenzas necesarios para o cumprimento dos servizos contratados e unicamente durante a duración dos mesmos. Para toda actuación que exceda do cumprimento do contrato, o usuario necesitará autorización por escrito por parte de APRODIGA, quedando prohibido ao usuario acceder, modificar, visualizar a configuración, estrutura e ficheiros dos servidores propiedade de APRODIGA, asumindo a responsabilidade civil e penal derivada de calquera incidencia que se puidese producir nos servidores e sistemas de seguridade como consecuencia directa dunha actuación neglixente ou maliciosa pola súa banda.

Propiedade intelectual dos contidos aloxados

Prohíbese o uso contrario á lexislación sobre propiedade intelectual dos servizos prestados por APRODIGA e, en particular de:

A utilización que resulte contraria ás leis españolas ou que infrinxa os dereitos de terceiros.

A publicación ou a transmisión de calquera contido que, a xuízo de APRODIGA, resulte violento, obsceno, abusivo, ilegal, racial, xenófobo ou difamatorio.

Os cracks, números de serie de programas ou calquera outro contido que vulnere dereitos da propiedade intelectual de terceiros.

A recollida e/ou utilización de datos persoais doutros usuarios sen o seu consentimento expreso ou contravindo o disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

A utilización do servidor de correo do dominio e das direccións de correo electrónico para o envío de correo masivo non desexado.

O usuario ten toda a responsabilidade sobre o contido da súa web, a información transmitida e almacenada, as ligazóns de hipertexto, as reivindicacións de terceiros e as accións legais en referencia a propiedade intelectual, dereitos de terceiros e protección de menores. O usuario é responsable respecto das leis e regulamentos en vigor e as regras que teñen que ver co funcionamento do servizo online, comercio electrónico, dereitos de autor, mantemento da orde pública, así como principios universais de uso da internet.

O usuario indemnizará a APRODIGA polos gastos que xerase a imputación da APRODIGA nalgunha causa cuxa responsabilidade fose atribuíble ao usuario, incluídos honorarios e gastos de defensa xurídica, mesmo no caso dunha decisión xudicial non definitiva.

Protección da información aloxada

APRODIGA realiza copias de seguridade dos contidos aloxados nos seus servidores, con todo non se responsabiliza da perda ou o borrado accidental dos datos por parte dos usuarios. De igual maneira, non garante a reposición total dos datos borrados polos usuarios, xa que os citados datos poderían ser suprimidos e/ou modificados durante o período do tempo transcorrido desde a última copia de seguridade. Os servizos ofertados, excepto os servizos específicos de backup, non inclúen a reposición dos contidos conservados nas copias de seguridade realizadas por APRODIGA, cando esta perda sexa imputable ao usuario; neste caso, determinarase unha tarifa acorde á complexidade e volume da recuperación, sempre previa aceptación do usuario. A reposición de datos borrados só está incluída no prezo do servizo cando a perda do contido sexa debida a causas atribuíbles a APRODIGA.

Comunicacións comerciais

En aplicación da LSSI. APRODIGA non enviará comunicacións publicitarias ou promocionais por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente que previamente non fosen solicitadas ou expresamente autorizadas polos destinatarios das mesmas.

No caso de usuarios cos que exista unha relación contractual previa, APRODIGA si está autorizado ao envío de comunicacións comerciais referentes a produtos ou servizos da APRODIGA que sexan similares aos que inicialmente foron obxecto de contratación co cliente. En todo caso, o usuario pode solicitar que non se lle fagan chegar máis informacións comerciais a través das canles de Atención ao Cliente, tras acreditar a súa identidade.