- Youtube   11 anos

#Branqueo Nin o mesmísimo Luis García-Berlanga o faría mellor. Lembrades aquela comedia “Bienvenido, Mister Marshall” do ano 1953 en plena ditadura franquista? Foi reestreada en decembro do ano 2002 obtendo un éxito moi considerábel. O “Plan Marshall”; que a Espanha nunca chegou; consistía en axudar aos países europeos a recuperarse da II Guerra mundial e tratar de frear, deste xeito, a expansión soviética. Pois agora; o “Mister Marshall”; na actualidade son todos os ladróns e defraudadores do fisco que dende o 2012 e até non sei cando vanse descubrindo con conta gotas. Con que ladrón ameceremos e espertaremos mañá? No Reino de Espanha sempre se agasalhou aos delincuentes de moita pompa e castigouse severamente aos pilha galinhas.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame