#Municipais Tiven que trocar outra vez a minha caixa de correo. Razón? Xa o podedes imaxinar. Deu comezo o circo e a feira itinerante de compra, venda e troco de votos. En consecuencia, tamén de favores, egos persoais e postinhos pendentes de asignación. Non quero mais lixo na casa. Respecto todo e a todos/as, pero tamén quero que me respecten a min.
Fai moitos anos a campanha electoral tinha o seu senso - estabamos en cueiros- pseudo democraticamente falando, pero hoxendía non é mais cá unha dilapidación de cartos dos nosos petos. Os candidatos, vannos vir agora; en 15 días; co conto do que non fixeron en 4 anos e van facer a partires de saíren electos? A mellor e mais fiábel campanha electoral son os 4 anos da lexislatura que remata; tanto de quen gobernou, coma de quen exerceu na oposición. Persoalmente, á hora de ir votar, é isto no único que me fixo para decidir libremente o meu sufraxio. Se aparece algún partido novo, tampouco é tan difícil de atoparlhe a pelaxe. Quédannos por diante 15 días de circo e feira con altofalantes anunciando a “Boa Nova”. Caixas de correo cheas de papeis mentireiros e “Reality Shows” a esgalha que, disque agora, se chaman mitins; onde os charlatáns pronuncian e cren os seus monólogos. Xa non coa!

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame