#MunicipaisTeo Despois da escisión do Encontro Irmandiño do BNG, xurdiu Anova. Estoutra opción para Teo é a que goberna en minoría na actualidade. Disque son e se declaran nacionalistas de toda a vida – polo menos dende Riazor 82-. Iso si, non teñen empacho ningún en pactar; dende a súa creación; con partidos españolistas e centralistas. Tal é o caso de AGE no parlamento galego. Non sei que creto teñen como nacionalistas. Só sei que algún/ha dos compoñentes da súa lista de candidatos/as; cando o mundial de fútbol de Sudáfrica que gañou “La Roja”; saíron a rúa a festexalo cantando e berrando: “Yo soy español, español, español”. Paréceme axeitado que cada quen faga da súa capa un saio. O que xa non me parece tan axeitado e coherente é a xente que xoga con dúas barallas e cos naipes marcados. Ou o que vén sendo o mesmo; arrimarse ao sol que mais quenta. En fin; ser nacionalista e bo, pero ser españolista non é malo. :/

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame