#Ruralgalego Disque o rural galego esmorece pouco a pouco. Eu diría mais; o campo galego están a matalo a velocidade de vertixe, xa fai moito tempo, dende as distintas administracións; comezando pola Xunta, pasando por Madrí vía Bruxelas. Dicía Castelao: -Do mar non facían caso. – Pensarían que se facían as sardinhas nas fábricas. Apliquémoslhe o conto: - Dos labregos e a gandería non facían caso. – Pensarían que o leite se fai nos supermercados.
