- Youtube   11 anos

#Maio Parce que a primavera do 24 de maio alumeou un chisco o inverno da caverna. Oxalá a cousa siga así, afastándose os nubeiros e remate de chover. Pero non vos fiedes moito porque os pactos dos políticos fan estranhos amigos e companheiros de alcoba. Xa veredes os cameos que se farán dende agora até a proclamación dos rexedores municipais ou presidentes autonómicos; alí onde se celebraron estas eleccións. Facendo un simil futboleiro; esta é unha eliminatoria a dobre partido. O 24 de maio xogouse o primeiro; o partido de volta será aló por novembro; “sine die.” Entón será o intre de saber o que poden estar agochando e argalhando todos os poderes fáticos de todas as pelaxes. Por desgraza; tenho para min, que aínda queda partido. Olhando un chisco os resultados electorais deste maio, lembreime daquel maio do 1968 que mudou parte da historia da humanidade e que tan ben resumiu Sabina na canción que vos deixo.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame