Os títeres toman a vila dos viadutos.
Até o día 31 de maio, debaixo dos viadutos, prazas e rúas énchense de títeres. O XVI Festival Internacional de Títeres de Redondela converte a vila nun grande escenario polo que desfilan 24 compañías que porán en marcha máis de 70 espectáculos.






