#Espanhois Xa vos gostaría ter unha rede social propia na que todos/as caiban, xa vos gostaría ter unha fala vela e harmoniosa á cal desprezades, xa vos gostaría ter un hino con letra para poder cantalo, xa vos gostaría ter unha terra prenhada de séculos de espranza e sen odio, xa vos gostaría unha unanimidade coma se viviu no Pazo dos deportes de Lugo sen asubíos e todos/as cantando ao mesmo son. En fin; xa vos gostaría ser galegos da Galiza. Entenderiades só un chisquinho do que aconteceu o sábado pasado no Camp Nou de Catalonia. Mais non vai poder ser. Sodes demasiado rudos, escuros, rancios e profundos para entender certas e prezadas cousas que só os galegos levamos dentro da nosa lingua, cultura milenaria e idiosincrasia como pobo. Nunca xamais o entenderedes. Espanhois, déixovos unha mostra para a vosa carranhenta envexa.







Días de Raia
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Tareixa Tareixinha
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?