#HabemusPactum No concello de Teo xa hai un pacto de goberno entre Son de Teo “ANOVA” e o “PPSOE.” Vaia baixada de pantalóns do Sr. Sisto diante de dona Uxía Lemus. Cunha proporción de 7 edís (Anova) a 2 edís (PSOE); a Sra. Lemus faise coa mellor e sempre desexada “Concellaría de Urbanismo” e a segunda tenencia da Alcaldía. Tería medo D. Rafael Sisto que houbera un posíbel pacto entre o PP+PPSOE? Dáme que o Sr. Sisto Edreira padece de” alcalditis” aguda. Pois adiante; agora, coa proporción antedita; dona Uxía Lemus xa ten a chave mais a fechadura do goberno teense. Dito mais claro: En Teo é alcalde D. Rafael C. Sisto Edreira, pero gobernará Dona Uxía Lemus de la Iglesia. Amén.
