#Grecia Resultado actual do partido: Tsipras-Syriza 1 – 0 Juncker-Troika. Non sei como rematará este soporífero partido, pero; é polo momento; o resultado sería ese. Penso que se podería chegar a un acordo coa reestruturación e/ou renegociación da débeda grega. Tenho para min que o verdadeiro quid da cuestión radica en que Tsipras é o primeiro político que lhe planta cara aos especuladores do gran capital e mesmo á Troika; cousa que antes nunca ocorrera. Por iso é mais que posíbel que non lhe deixen ganhar este partido baixo ningún concepto e sigan a masacrar no pobo grego que, por outra banda, e o mais prexudicado. Se isto ocorrera; imaxinades a tunda que ían a levar os políticos lambecús que un día si e outro tamén abrazan á Troika? Xa non digo ren do noso “Caudilho” Mariano que voltaría a quedar coas súas vergonhas ao ar. O acordo é posíbel con vontade política, pero iso implicaría que a deostada Syriza e toda a “verdadeira” esquerda europea se reforzaría demasiado coma para deixar que isto ocorra. Non lhes importa ren o pobo grego; só lhes importa seguir mangoneando e especulando cos cartos alheos. O pobo grego no é culpábel da mesquinha Europa do euro!
Días de Raia
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?