#Grecia Xa empezo a estar farto de todas as mentiras que se din sobre o Estado Heleno. Xa non aturo toda a porcalhada que se lhe está a botar enriba ao actual goberno grego. E que ninguén se lembra dos gobernos corruptos anteriores que meteron a Grecia na zona euro falseando crúa e bastamente as contas? Xa non aturo a tanto político mentireiro; ademais de corrupto; nin a tantos xornalistas e tertulianos que opinan de balde e saben todo o que ocorre sobre a cuestión grega. Por que non se lhe escoita a ninguén falar nin nomear a débeda condonada a Alemanha no ano 1953 despois do tratado de Londres? Por que non informan, a quen non o saiba, de que a Alemanha se lhe condonou mais dun 60% da súa débeda. Entre eses países atopábanse Espanha e mais Grecia. A que santo vén agora o país teutón a impor as regras do xogo e a gasear; en forma de fame; ao pobo grego? Espertemos dunha vez por todas. Isto non é só un problema monetario; que si o é; isto é tamén; sobre todo; un problema político porque non aturan que un goberno democrático de esquerdas trate de defender e libre a batalha en favor do seu pobo. Como dicía “Días de Raia” nun comentario dunha entrada de fai uns días: a Troika se quere gobernar terá que presentarse a unhas eleccións democráticas. Pero non, a democracia disque non vai con eles. “A SÚA DEMOCRACIA MORA NOS ALTARES DO GRAN CAPITAL”. Jean-Claude Juncker; presidente do Parlamento Europeo; parece que xa esqueceu que o su país, Luxemburgo, é un paraíso fiscal. Pero diso non falan nin a prensa oficial subvencionada, nin os tertulianos que opinan de balde abrazando sempre ao poder económico. Pois que sigan emporcalhando e pondo o ventilador en marcha todos eses que están de merda até as orelhas. Algún día poden afogar nela. Para rematar; por que o PP e o PPSOE non fixeron un referendo cando trocaron o artigo 135 da Santa Constitución Espanhola con nocturnidade e aleivosía? O referendo grego non é acaso unha mostra de democracia? Tanto empacho de hipocrisía rachará o saco.
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Días de Raia
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?