114º Aniversario do nacemento de Eiji Tsuburaya, O Pai de Godzilla, Ultraman e outros monstros...
O director xaponés, especializado en efectos especiais, foi o responsable de numerosas películas de ciencia ficción, incluíndo Godzilla.. Tamén é coñecido por ser o autor principal da serie Ultraman.
O monstruoso dinosauro, o que deu vida un home disfrazado, abriu as portas a un novo xénero cinematográfico no Xapón, o Kaiju Eiga, movemento que se caracteriza pola presenza de monstros xigantescos, en resposta ás filmes de ficción norteamericanas.
Despois do éxito internacional da súa película Godzilla, en 1954, filme que o converte nun cineasta de culto, comentou:
Cando traballaba nos Estudos Nikkatsu, King Kong estreaba en Kioto e nunca puiden esquecer aquela película. Pensei: "Un día farei unha película de monstros coma esa"...
http://8emediomagazine.blogspo....t.com.es/2015/07/114





