#Futeboleiros Que me perdoen os seareiros do fútebol en xeral. Isto xa fai tempo que deixou de ser un deporte. Isto comeza a ser un cancro sen cura para sociedade actual. E danme moita mágoa aqueles que; pasando fame; aínda seguen apoiando a todos estes xornaleiros da groria. A todos estes vedetes milhonarios, malgastadores, peseteiros e defraudadores a conta dos nosos petos que, vivindo na opulencia, aínda nunca están contentos. E logo bican o escudo da camisola de calquera equipa sempre e cando lhe suban un chisco o seu soldo xa milhonario. Pois que siga a hipocrisía a conta da nosa fame!