#14deXulho O buscador google, case sempre soe pór algo do día que se poida conmemorar. Algo importante que aconteceu tal día coma hoxe, sexa do ano ou século en que fora ou acontecera. Que eu saiba, onte 14 de xulho, era un día histórico porque se celebraba o día da revolución francesa. Pois ren. Queiramos ou non, a Revolución Francesa; 1789 - 1799 ; trocou gran parte da historia de Europa e tamén do mundo enteiro. Basicamente, pasamos a cuestionar ás monarquías absolutas polas Asembleas Nacionais Constituíntes. Non importa agora entrar en moitos detalhes. Só importa a gran repercusión que tivo social e politicamente en Europa e logo en todo o planeta. Posibelmente a historia, tal e como a conhemos hoxendía, sería totalmente distinta. Pero Google non se decatou ou non quixo facelo. Por que? Entón, se non di o buscador, digo eu. Tivo lugar na data do 14 de xulho de 1789 e basicamente proponhía: “Liberte Egalite e Fraternite. Liberdade, Igualdade e Fraternidade. Noraboa ao esquecemento; intencionado ou non; do gran “GOOGLE.”
Días de Raia
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?