#Eurofarsa Aínda hai quen se atreve a negar que a moeda única; ponhamos que falamos do Euro; foi un estrepitoso fracaso da política europea e mais concretamente dos países da Eurozona. Por que tanta vergonha en reconhecer un fracaso? Penso que, só reconhecendo un gran erro, este, podería ter arranxo. Se a Troika non o fai, o quiosco europeo que levamos aturando tanto tempo, escachará polo ar mais cedo ca tarde.






