INSIDE OUT (Do Revés). A Nova Filme de PIxar. O Eloxio da Tristeza
Todo comeza có cambio de residencia da protagonista da filme, Riley, con todo o que isto supón: nova cidade, nova casa, novos amig@s, novo cole, nuo@s veciñ@s… ós que adaptarse. Este feito fai que na nova, na que sempre predominaran os sentimentos de alegría, se desencadeen unha serie de sentimentos negativos que provocan unna emoción ata entón descoñecida para ela, a tristeza.
A negación da tristeza é algo normal no mundo actual. Tanto individuo como sociedade están enfermos, neuróticos. Esta enfermidade ponse de manifesto no xeito de suprimir, negar e reprimir calquera sinal de infelicidade, transformándoo nunha conduta neurótica, a fin de conseguir a maior aspiración do ser humano: a felicidade.
A tristeza, é reprimida porque xera no ser humano a sensación de non poder controlar a situación, e isto asústao, polo tanto, o nega.
Pero o feito de negar a tristeza non vai a facer que esta desapareza...
http://8emediomagazine.blogspo....t.com.es/2015/08/do-





