#Carta Carta aberta dun catalán medio a D. Mariano Rajoy Brey.-Presidente do goberno do Reino de Espanha-
Prezado Mariano:
Tenho medo. Estás asustándome co da expulsión da UE. Deixando a Catalunya coma a un triste Liechtenstein, Suiza, Islandia ou a unha indesexábel Noruega.
Dáme pánico pensar que non ficaremos obrigados pola UE a impor ese IVE tan espanhol do 21% podendo reducilo ao noso antolho; no caso dos produtos culturais. Choro de pensar nos miserábeis autónomos. Que poden pasar dos 320 € mensuais que tan felizmente pagan agora, a pagar a súa situación laboral por debaixo de 95 €.
Tremo ao visualizar que quedaremos cunha débeda propia do 20% sobre o PIB, a mais baixa de cantos estados conforman a envexada UE.
Estreméceme pensar que aínda, sendo o meu un país rico, non teremos que pagar as nosas cotas á Euro Cámara para financiar países mais necesitados e probes coma o teu.
E o feito de que cheguen empresas a moreas ao meu país, ao converter Catalunya no estado europeo cun sistema tributario mais primado pola nova implantación, tenme esnaquizado por completo.
En fin… os catalàs vivimos aterrados pola túa culpa ao ameazarnos acotío con esa crueldade…E dito isto; se non che causa moita mágoa e antes de que nos botedes; disme por favor o caminho mais curto cara a saída? Que Deus nos protexa.
Atte.,
Un català acolhoado.







