#27S Normalmente, non me gustan as campanhas electorais porque, basicamente, só ouvimos unha morea de mentiras destes novos feirantes; agora chamados políticos. É un malgaste de cartos que saen dos nosos petos. Dito isto; a campanha das eleccións catalàs está sendo de traca. Polo chisco que ouvín ninguén usou umha pinga de pragmatismo para dicir nada sensato e coherente. Ninguén explicou un futuro programa de goberno. Ténheno? Todos xogaron co medo e coa manipulación dos cidadás e iso, na política, é moi malo. E logo, os partidos mesetarios non queren que a maioría olhemos estes comicios como plebiscitarios. Pois dáme que é un “plebiscito” en toda regra. A todo isto tamén axudou a prensa oficial subvencionada intentando apagar o lume con gasolina. Entre uns e outros fixeron mais independentistas durante esta campanha que dende que se recuperou esta pseudo democracia aínda vixente. Imos pórlhe un chisco de humor porque, persoalmente, creo que a cousa non é tan grave nin o sangue vai chegar ao río.
