#Pescando Saturado e superado polas trafulcas que están acontecendo en Galiza e parte do estranxeiro, que cada día entendo menos, decidín relaxar polo menos un par de días e esquecerme de que aí fóra a vórtice segue sen tregua. Entón decidín ir de pesca, aínda que só fora, de xeito virtual. Non estivo nada mal a experiencia. Música relaxante, fondos marinhos e peixes a elixir e sen trebelhos de pesca caros. Só tiven que usar o punteiro da minha empacadora (eu chámolhe así ao meu PC) para que os peixes picaran o anzol, pero sen facerlhes dano. Se algún día vos atopades na mesma situación e queredes probar a minha experiencia; aí vos deixo a ligazón. Altofalantes e a darlhe ao punteiro. :P

https://www.google.es/url?sa=t....&rct=j&q=&esrc=s&sou

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame