#Tecnoloxía Estou abraiado coas novas tecnoloxías. Incríbel! Escribide calquera palabra ou frase e a empacadora (eu chámolhe así ao ordenata) converteraa en voz. Se seguides as instrucións e vos chega ben, o que vos deixo na ligazón é un entretemento do que aínda non logrei entender ren. Cando menos, resulta enxenhoso. Cando movades o rato arredor da mulher que aparece na pantalha, os seus olhos seguirán o punteiro e ademais, repetirá calquera cousa que escribades no espazo do recadro que aparece na parte inferior esquerda da imaxe. Logo deberedes premer “Say it” (Dío) e polos altofalantes sairá umha voz que repetirá o escrito. Tamén, nos espazos seguintes poderedes trocar as persoas que falan, sexan homes ou mulheres; e por suposto, e mais importante; as linguas. Admite galego onde pon Galician. Eu puxen algunha cousa incofesábel e repetiuna. En fin, os que aínda non o conhezades estrebilhade un chisco e xa iredes colhendo o xeito.
http://www.oddcast.com/home/de....mos/tts/frameset.php

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame