E é que estamos a vivir a fase final dun ciclo histórico, e portanto unha etapa de transición, coincidentemente en tres ámbitos superpostos: o do sistema-mundo, o da UE e o do rexime español malparido na famosa transición. Velaí o contexto no que compre enmarcar calquer debate 'de política xeral' en calquer cámara de representantes que se prece de ser tal cousa -contexto no que, ademáis, convén sinalar que eiqui, onda nós, no Liliput autónomo galego, este debate é o derradeiro da actual lexislatura. Pois daquela, como en toda fase de transición, entrecrúzanse e colisionan as dinámicas dos procesos que están a finar coas dos que están a emerxer, os fenómenos que están a periclitar e morrer cos que están a xestarse e nacer. http://www.anova.gal/comunicac....ions/mundo-politico/

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame