"...pero eu non entendín nada, porque a todas luces non había nada que entender. De todos modos deixeille que arreglara un pouco o meu dolor. Non demasiado. Inconscientemente, sen premeditación nen alevosía, trataba de desaparecer a experiencia do meu estado no outro imaxinado. Cada encontro era un intento de confirmación frustrado, cada despedida unha invitación á repetición. Cada xesto de aproximación anticipaba o desenlace dunha secuencia daquel ineludible bucle. Despois de reflexionar busquei a palabra bucle no diccionario da RAE. A segunda acepción: "conxunto de instrucións que se executan repetidamente de forma indefinida ou ata que se verifica unha condición de saída. A utilización de bucles simplifica os programas". Éra unha maneira de velo, pero pensei que non repetilo era a maneira de simplificar elevada á máxima potencia. Outra cousa era elevar semellante potencia a acto." Claudia Taboada