#LibertéEgalitéFraternité Dicía o outro día nun comentario, aquí no Caxigo, que os humanos somos depredadores de nós mesmos. Agora, non son intres para mais predicas. Para iso xa hai e temos “entendidos” dabondo que espalharán as novas coma as fiaspas e encherán os regueiros con baba e tinta. Todo, para manhá voltar a tropezar coa mesma pedra.