#Debate7D Disque Atresmedia vai facer o debate do século que probabelmente decida todo; ou ren; de cara aos comicios do 20D. Dáme e penso, persoalmente, que este debate é umha fraude en toda regra dende o intre que admiten a non comparecencia de Mariano, pondo no seu lugar a Soraya. Mariano ten tempo para ir a comentar a “Champions League” a umha radio; sopapo ao seu filho incluído; pero disque non ten tempo de presentarse a un debate electoral. Cando menos; curioso non.? De Vicente Vallés podo esperar calquera cousa e algo mais. Xa sei que non dá para mais, para tanto e nin tan sequera para iso. Tinha, até o momento, a Ana Pastor por umha xornalista; cando menos; con certo criterio, pero xa olho que non. Se o tivera negaríase a facer esta farsa. Ámbolos dous presentadores e xornalistas; ao meu xeito de entender; deberían de esixir sen miramentos que só puideran asistir ao debate os candidatos a presidente do goberno do Reino de Espanha. Se o PP lhe impón a Soraya, no canto de a Mariano, tinhan que ser minimamente coherentes e rexeitala. Tinhan que ser talhantes e só admitir aos candidatos. Que eu saiba, e polo momento, Soraya non é candidata. Se o PP non quere debater co seu cabeza de lista é moi libre de non facelo, pero non aceptamos sucedáneos. De que e por que se agocha Mariano?







Días de Raia
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?