UN HOME QUE SEMPRE FICABA DURMINDO i
·


Unha vez foi un home que sempre ficaba durmindo.Toda a xente pensaba que era unha persoa normal pois visto polo de fora presentaba poucas sinais da sua eiva.Mais o certo è que se comportaba diante de todalas cousas mesmo como se estivera sempre no camastro.

Xa de pequeno os pais, que o criaran con tanto agarimo, moitas veces tiñen ollado un para o outro e facendo acenos de preocupación dician “desde logo canto dorme esta criatura” E tiñan moita razon en estaren preocupados.A criatura nacera botando un sono e non coma os outros nenos que nacemos todos botando un berro coma quen non esta de acordo coa faena que lle acaban de facer.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame