UN HOME QUE SEMPRE FICABA DURMINDO IV

Contareivos algunha das cousas que eu lle notei:

.- Cando pasaba diante dun pobre non lle daba nunca unha esmola, quedaballe sempre a contraman pois se o pobre estaba axionllado na beirarua da dereita o durminte botabase con moito disimulo para a da esquerda.
.- Cando estaba traballando e a súa empresa facia unha inxusticia con algun compañeiro sempre decia “pois eu non me enterei de nada”.Alguns dicianlle que sempre estaba en Babia.Deste xeito nunca contaban con el para ningunha cousa.
.- Cando alguén falaba dos acontecementos da vida, do mal que vai o mundo con tanta guerra, fame e desgracias tampouco comentaba nada. Non sabia que dicir.Claro, sempre que via o telediario quedabase roque...
.- Había algúns que diante del criticaban o goberno.¡Mágoa de esforzo! O sonecas sempre estaba distraido, e, no millor dos casos, mudaba de conversa con frases “inxeniosas” o estilo de : ¡Mañan chove de seguro!.
.- Cando alguen tiña unha desgracia tal como un falecemento, un accidente ou unha doenza, sempre dicia: ¡Mira ti que pena! , ¡non che somos ninguen!.E que razón tiña, alomenos él non eran ninguen para dar unha verba de alento a un amigo.

Son moitas mais.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame