Un pendón ondeaba na vangarda. O cervo de Asgra danzaba na brisa
recortándose diminuto contra a implacábel calixe. Sentiu o seu espírito
axitarse, era como se un alustro a atravesase da caluga aos nocellos. Ollou a
avanzada novamente e viu a tebra flutuar. Aquela cortina escura, maléfica,
perversa, que intres atrás se lle amosara pacífica e redentora. Airem pechou os
ollos buscando acougo atrás das pálpebras. Mala
Besta, bisbou para si mesma, as túas
artes son traizoeiras. Sentiu o tempo bulir con lentitude, como o planeo
dos pigargos no Peite de Ebadar, namentres a voz da súa nai retumbaba con forza
dende as profundidades do seu abismo interior. Coida do teu pobo, coida do teu pobo, coida do teu pobo... Inspirou
profundamente e, azoutada por ingobernábel ira, comezou a berrar.
—Denantes
mortos que escravos! Denantes
mortos que escravos! Denantes
mortos que escravos! #literaturagalega

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame