Suso Murujosa compartiu unha publicación  
  10 anos

10 anos

Foi no verán en que o home pisou a Lúa por vez primeira. Daquela eu tiña dezasete anos e, malia a conmoción familiar provocada pola ausencia do meu pai, o meu estado de ánimo
abalaba entre o entusiasmo e a desesperanza, nunha especie de montaña rusa pola que subía ou baixaba ao compás da miña relación con Francesca. Foi o verán do amor máis intenso, e tamén o do meirande desacougo, un desacougo forzado por uns contecementos que eu nada podía facer por controlar.
Digo que foi no verán en que Neil Armstrong puxo o pé na Lúa, mais, se quero contala con xeito, debo rectificar e dicir que a miña historia comeza na primavera de 1961, algúns días despois de que o cosmonauta Iuri Gagarin realizase, a bordo da nave Vostok 1, un voo de 108 minutos de duración arredor do noso planeta, converténdose así no primeiro ser umano que puido ver a Terra desde o espazo e marabillarse de todo canto os seus ollos contemplaban. #literaturagalega

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame