Bos días a todos. Aínda nas primeiras horas do venres unha fronte activa estará sobre Galicia, deixando ceos cubertos con chuvias xeneralizadas localmente de intensidade forte. A partir do mediodía abriranse claros e quedaremos nunha situación de chuvascos. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado durante a tarde. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte, onde aumentarán a fortes á noite...







