Bos días e feliz sábado. Hoxe os ceos permanecerán cubertos, con chuvias xeneralizadas, con carácter localmente tormentoso especialmente no litoral. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas mínimas. O vento soprará forte do sudoeste, tanto no litoral como no interior, con refachos moi fortes en zonas altas e no litoral norte.
.







