Bos días e feliz xoves. Hoxe teremos en xeral os ceos máis anubrados pola mañá, tendendo a abrirse claros co avance do día; no terzo norte rexistraranse chuvascos con cota de neve en descenso quedando nos 800 metros nas derradeiras horas do día. As temperaturas comezarán en valores suaves pero tenderán a descender a medida que avance a xornada. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral e zonas altas e frouxos no resto..






