Bos días e feliz venres. Hoxe teremos o ceo anubrado con chuvias que comezarán durante a mañá polo oeste e que se irán estendendo co paso das horas por todo o país. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán do sudoeste, moderados no litoral, con intervalos de forte entre Bares e Fisterra, e frouxos no interior.

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame