Bos días e feliz sábado. Hoxe teremos o ceo anubrado e mesmo a posibilidade dalgún orballo durante a mañá e apertura de claros pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un descenso, e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos de forte na Costa da Morte e frouxo no terzo norte..






