Bos días e feliz martes. Hoxe os ceos estarán anubrados durante a mañá, mesmo coa posibilidade dalgún orballo nas primeiras horas, e co avance do día abriranse grandes claros. Bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas descenderán, especialmente as mínimas. O vento soprará de compoñente sur, frouxo no interior e moderado na costa, con intervalos de forte no litoral da provincia da Coruña a partir do mediodía.
.
