Bos días e feliz xoves. Hoxe os ceos permanecerán anubrados, con chuvascos xeneralizados máis frecuentes e intensos pola mañá. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado de compoñente norte, con intervalos fortes pola mañá na Costa da Morte, e quedará frouxo do nordés á noite..






