Bos días e feliz venres. Hoxe amenceremos con bancos de néboa en moitos puntos do interior, localmente persistentes na provincia de Lugo. Co avance do día os ceos irán quedando pouco anubrados, con nubes de tipo alto. As temperaturas mínimas descenderán, polo que teremos xeadas en puntos do interior, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, collendo dirección sudoeste á noite..





