Bos días e feliz sábado. Hoxe agárdase unha xornada de ceos anubrados en xeral, con máis nubes na franxa atlántica onde mesmo podería rexistrarse algún orballo, e ceos con menos nubes ao leste das provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas quedarán sen cambios significativos. Os ventos serán do sudoeste, fortes no litoral norte e moderados no resto..





