Bos días e feliz venres. Hoxe agardamos unha xornada cos ceos presentando intervalos de nubes altas. Co avance da tarde comezarán a entrar nubes baixas polo oeste e na madrugada do sábado deixarán orballos en puntos do litoral atlántico. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados no litoral e máis frouxos no interior, aumentando cara á noite..

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame