Bos días e feliz sábado. Hoxe pola mañá os ceos estarán anubrados, con posibilidade de orballos no litoral atlántico. Á tarde os ceos quedarán cubertos con chuvias xeneralizadas, máis cuantiosas no suroeste da provincia da Coruña e na provincia de Pontevedra. Estas precipitacións serán de neve durante a noite por riba dos 700 - 800 metros. As temperaturas mínimas serán máis suaves que nas xornadas anteriores, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán fortes do suroeste, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas..








