Bos días e feliz semana. Hoxe luns, agárdanse ceos con intervalos anubrados e chuvascos, que irán remitindo polo sur e oeste ao longo do día e serán de neve por riba dos 500 - 700 metros. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas en puntos do interior, mentres que as máximas non experimentarán cambios. Os ventos soprarán de compoñente norte, fortes no litoral e zonas altas e moderados no resto, diminuíndo cara á noite.
