Cando unha flor se agosta e se consuma
e unha luz negra na retina incide
o corazón que late e que me abruma
quer que esta miña tempestade olvide.

Páxaro de asas onde habita a bruma
vehemente como un lume que divide
a noite nosa, algún delirio, a escuma
que foxe no albor, sobre esa vide.

Desexo que retorne a aurora, o canto
da breve chuvia, o doce territorio
do xílgaro de das algas, da ardentía.

Os meus ollos agardan o esponsorio
das luces e das sombras encuanto
o soño que morreu xa se esvacía.

  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada