#Google O mais usado e popular buscador, do mundo mundial, segue a ignorar o nacemento de Rosalía; a nosa escritora e poetisa universal. Pois, Google o perde. Vaian estas dúas pezas, en versión metaleira, deste grupo do Morrazo para lembrala. Umha moi conhecida e a outra un chisco menos. Quizais hoxe as augas do río Sar, ao seu paso preto da casa de Rosalía na Matanza en Padrón, debuxen algún tipo de rabexo especial e deixen esbarrar paseninhamente algumha bágoa de tristura perdida e salgada na súa honra. Quizais; tamén hoxe as campás de Bastavales, en Brión; repeniquen ao vento un fermoso cantar e as folhas novas da primavera que vai chegando comecen a agromar na Galiza que a viu nacer. https://youtu.be/ypwEYqvfFo8

https://youtu.be/AU6OZL7WDB8

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame