Bos días e feliz mércores. Hoxe os ceos estarán cubertos con chuvias durante a mañá, localmente moderadas e acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. A partir do mediodía quedaremos nunha situación de chuvascos, que serán de neve arredor dos 1200-1300 metros. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos irán cambiando progresivamente dende suroeste a primeras horas ata compoñente norte xa pola noite..
