Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soa
na noite sen fin
¡que inda recei pola pobre da tola,
eu, que non tenho quén rece por min!
A misa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai dos que levan no bici un cantar!








Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?