Bos días e feliz venres. Hoxe teremos ceos parcialmente anubrados con chuvascos, máis frecuentes e intensos nas provincias da Coruña e Lugo, ocasionalmente de sarabia. A cota de neve irá descendendo durante a xornada, situándose por debaixo dos 1000 metros durante a tarde e arredor dos 700 metros pola noite. As temperaturas mínimas experimentarán ascenso, quedando as máximas sen cambios. Os ventos soprarán do oeste pola mañá, rolando a noroeste pola tarde, moderado en xeral, fortes na costa e nas zonas altas..

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame