Bos días e feliz semana. Hoxe luns, na primeira metade do día os ceos estarán anubrados con chuvias xeneralizadas, máis intensas no norte e leste onde poden vir acompañadas de sarabia e treboadas. A partir do mediodía, haberá alternacia de nubes e claros, con chuvascos na metade norte. A cota de neve situarase nos 800 metros nas primeiras horas e irá ascendendo aos 1000. As temperaturas non experimentarán cambios. O vento de compoñente norte, forte no litoral e moderado no interior..






